Blogia
Andresadas

Andresiño... Despois de tanto tempo... Este é o resultado

O web blog en galego: Andresiño. http://www.andresito_gal.blogia.com

O día 22 de Marzo de 2005 naceu unha nova páxina en galego. A páxina trátase dun traballo da asignatura de 1º Publicidade e Relacións Públicas de Deseño. En realidade, a páxina en galego é unha subordinada ó castelán. Os motivos de crear unha páxina en galego, están explicados no artigo que se lle presenta ó público “ Novo web blog en galego. Andresiño”.

O balance do web blog en galego pódese considerar máis que desfavorable:
A partir dun contador de visitas, colocado o día 7 de abril de 2005, cun número inicial de 3100 visitas ( o contador fóra colocado anteriormente, pero por motivos de dificultades co servidor, tívose que cambiar por outro contador. Aínda así, o número real de visitas pode verse clicando no mesmo contador no apartado de enlaces de blogia.), instalado a través da páxina Ademails, ten o día 28 de Maio ás 18.37h, ofrece, os seguintes datos:
- 1148 visitas - O día con maís actividade foi o 25 de Maio de 2005, con 128 visitas.
- A franxa horaria na que máis persoas visitan a páxina é entre as 19.00h- 20.00h, cun 18,80% das visitas.
- O día que máis internautas visitan a páxina é o mércores, con 36 visitas semanais.
- O mes de Abril tivo 331 visitas
- O mes de Maio tivo 818 visitas (ata o día 28 de Maio, polo tanto, a páxina web experimentou un ascenso na súa recepción de visitantes dun mes para outro, ademáis de maior actividade do blogger)

NOTA: Cómpre engadir que as visitas realizadas polo administrador son tamén rexistradas no contador, polo tanto, a maioría das visitas reflexadas neste sistema de cálculo sexan, con moitas probabilidades do blogger. Ademais, en moitas ocasións, durante a administración do blogger, os cambios que realice, son considerados tamén visitas. Non estamos por tanto, ante un número real de visitas.

20 comentarios en 52 artigos ( en principio, pensouse en copiar tódolos comentarios que se fagan en ambos web blogs para que aparezan en ámbolos dous idiomas, pero para facer esta análise, vexo conveniente que se diferencie entre os comentarios feitos nunha páxina e noutra)
58 enlaces disponibles na páxina principal (por problemas do servidor ou da rede, non se poden dividir por temas, polo cal están todos colocados en portada, e resulta menos agradable para os visitantes, sobre todo, por estética e orde. Máis tarde, o día 19 de maio, descubriuse que existía a posibilidade de dividir os enlaces por temas, era problema, da configuración do servidor.)
En Andresiño faltan fotografías nalgúns dos artigos que no de castelán hai disponibilidade (nalgunhas ocasións por tratarse de fotografías comprometidas, noutras, por causas descoñecidas).

GRACIAS A TODOS PORQUE ISTO FORA POSIBLE

1 comentario

NaTalia Seijas -

\\\"Me llena de orgullo y satisfación poder visualizar esta página\\\"....jeje Ó dono de Esta pEdaZO de páxina quero darlle a miña eNorAboa poLo trabaio REalizaDo. Fai pouco decíasme que pouca xente a visitaBa pero a verdad é que non o creo, e ademais polos datos e porcentajes que obtiveches creo que o teu esForzo veuse recompensado non?É unha páxina onde podes encontrar moita información entreténdote, e pasando un rato agradable.E a xente coma min que tivemos que \"emigrar\" pos sempre nos encanta ver unha páxina dun amigo na nosa lingua. un saudo anDrés e a tódolos visitantes desta PáXina á que eu calificaría de SObresaínte.